670 463 933

Sobre min

Ola!

Son Iria Castro Fernández, Totem Translations.

10bnSon tradutora e intérprete e as miñas linguas de traballo son o inglés, portugués, español e galego, ademais de tradutora e intérprete xurada de inglés-galego, nº 0276, nomeada pola Xunta de Galicia

Son licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e teño un Mestrado en Comercio Internacional tamén pola Universidade de Vigo. Pasei por diferentes experiencias
profesionais, pero a tradución sempre foi a miña paixón. Por iso a finais de 2013 comecei a traballar como tradutora, a tempo parcial ó comezo, a tempo completo agora ó crear Totem.

O meu obxectivo é axudar a todas aquelas empresas ou particulares que necesiten axuda cos aspectos lingüísticos dos seus negocios. Son unha persoa responsable e honesta á que lle gusta ofrecer un servizo personalizado e profesional dende o primeiro momento para así garantir un resultado óptimo e de calidade.

Non hai unha segunda oportunidade para dar unha boa primeira impresión, confía en min para que a túa tarxeta de presentación non teña erros.