Son Iria, de (de) formación profesional, tradutora.
Unha vez feitas as presentacións, toca a declaración de intencións: este é un blogue sobre tradución, lingua, dificultades da tradutora novata, curiosidades tradutoriles, recursos para a lingua galega e, se me apuras, un pouquiño de literatura tamén.
Para aqueles que non teñan claro que ou quen somos as tradutoras, déixovos este vídeo que publicou en 2013 a Norwegian Association of Literary Translators: Translators are a waste of space.
A miña intención é que veñas, vexas e volvas.
Grazas por pasar!